Como fin de carácter máis xeral o Museo pretende o estudio e conservación do patrimonio cultural da comarca da Fonsagrada. Como primeiro obxectivo concreto deses principios aspira a reunir unha escolla de pezas e obxectos que representen do mellor xeito posible as formas de vida e traballo tradicionais que a evolución da vida rural está a punto de deixar no esquecemento. Nese senso, o Museo pretende ser receptor deses movementos de cambio e facelos explícitos aos ollos da propia xente que os vive.