Jesús García Álvarez
O Mazonovo (Santalla de Oscos)1916 – A Fonsagrada 2003
Nace no Mazonovo en 1916 pero pasa a súa infancia e adolescencia en Monteseiro (A Fonsagrada). Empeza, como a maioría dos gaiteiros da súa época tocando con pipas e xipros de cereal e de castañeiro, ata que puido facerse coa súa propia gaita. Nos anos 40 vai traballar de labrego para a casa do Figueiro da Fonsagrada. Na vila coñece a M.Aurelia López, da casa do Escaldado, coa que casa e ten un fillo.
No ano 1948 emigra para Bos Aires coa súa familia, de onde volve no ano 1955. Durante o tempo que estivo na Arxentina seguiu a tocar a gaita en xuntanzas e reunións e, por suposto, cando volve para a Fonsagrada continú facéndoo en festas e polavilas, compaxinando isto co traballo de labrego. En xeral era gaiteiro solista, pero ten tocado acompañado na voz por Carme Blanco de Lamas de Campos, cando coincidían nas festas.
A comezos dos anos 60 abandona o oficio de gaiteiro e segue a traballar de labrego ata a súa xubilación. Falece na Fonsagrada no ano 2003.
