MENÚ

Arco da vella
tíroche unha pedra
co dedo belleco
que te quedas seco.
Fonte: Galicia encantada

Arco da vella
revólveme a pedra
co dedo belleco
que mañán tará seco.
Fonte: Galicia encantada

“Aire de Meira, caldeiro á goteira”
Vilagocende (San Martín de Suarna)

“Rubieses de Sena, bon tempo espera”
Vilagocende (San Martín de Suarna)

Díxolle a néboa ao pastor
quer dun lado / quer do outro
sempre me atoparás en Montouto
Montouto (O Vieiro)

En marzo, déixame arrimar o brazo
En abril déixame durmir
Vilagocende (San Martín de Suarna)

ANT. SEG.