Unha señora mui aseñorada
cun traxe cheo de mendos
sen ningunha puntada
(A pita)
Unha señora mui aseñorada
que sempre vai en coche
e sempre vai mollada
( A língua)
Alto me vexo no meu lugarexo
Véxote vir e non podo fuxir
(Os ourizos que ven vir a vara de varexar)
Que cousa é que cabe nun puño
e non cabe nun hórreo?
(A vara de varexar)
Meter e sacar e dar de barriga
e, anque o diga, non é picardía
(Amasar o pan na artesa)
Un redondín redondón,
saca e mete, quita e pon
e anque non o pareza,
tres cousas da cociña son
(O pote, o garfelo e a cobertoira)