As recollidas máis antigas
Non temos documentación audiovisual ata os anos 70 do pasado século, cando se popularizaron os medios de gravación, primeiro de audio e despois tamén de vídeo. As recollidas musicais máis antigas, feitas na Fonsagrada, das que temos coñecemento, son as de Xosé Luis Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero) no ano 1979 e as de Dorothe Shubart e Antón Santamarina no ano 1980. Previamente, no ano 1978, Mini e Mero recolléranlle 21 pezas, na Fontaneira (Baleira), a Florencio, o cego dos Vilares, nado na Fonsagrada.
Todas estas recollidas están depositadas no APOI (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade), pertencente ao Museo do Pobo Galego. Pódese acceder a elas premendo no botón de abaixo.
Pola súa parte, as de Dorothe Shubart e Antón Santamarina serviron, xunto coas recollidas que fixeron por toda Galicia, para elaborar o Cancioneiro Popular Galego que tamén podes consultar no botón máis abaixo.