A memoria das palabras
A pouco que reparemos na fala da xente máis vella da comarca da Fonsagrada, escoitamos moitas palabras que están en desuso e que a xente nova xa non utiliza. O cambio social e económico nos últimos 40 ou 50 anos foi tan grande que moitas desas palabras, ao estar ligadas a instrumentos que xa non se usan ou traballos que xa non se fan, resulta difícil, por non dicir imposible recuperalas para a linguaxe habitual. Pero moitas, a maioría, teñen perfecta vixencia. Simplemente fóronse deixando de usar por incorporación de termos do castelán ou do galego doutras zonas, coa perda de diversidade lingüística que isto significa. Tanto nun caso como no outro, o Museo pode ter tamén aquí un papel moi importante. Por un lado, como depositario dese léxico para evitar a súa desaparición e, por outro, como dinamizador que facilite a súa recuperación e posta en valor.
Para esa dobre tarefa o Museo debe contar coa cidadanía e tamén con outras institucións como o Colexio, o Instituto, o Concello, etc. Exemplo desa colaboración coas institucións é a que se dá co IESP Fontem Albei no proxecto «A memoria das palabras»