Textos na fala da Fonsagrada
Nos textos que seguen pódense observar, marcados en negro, varios dos trazos comentados por Antón. As palabras que non se coñezan, pódense consultar no arquivo de Palabras en Risco desta mesma páxina.
“Antes cavábase ca axada, e ás veces chamábase a un vecín que era un gran cavador, pero había que chamalo con tempo porque tiña muitas cánebas. Había máis que andaban ó xornal, pero non deslegaban coma el e non había can que lles ladrase. Por certo, os que ladran na Fonsagrada son os cais, ou as cuzas, espantando ós ladrois, aínda que deses, por sorte, nunca houbo muitos”.
“Aquí báxase, aínda que despois haxa que subir, porque chau, o que se dice chau, non hai muito terreo, namais na serra ou algunha chaela na ribeira. E, no caso de ir á vila, nunca se baxa, se fuche aló subiche. Antes podías ir a pé ou dacabalo dunha bestia. As bestias tein feito muito traballo, agora o traballo fainol outro tipo de cabalos”.
“Antigamente en muitos sitos ían ó mulín, moer o grau para facer os freixolos cuando viña o entroiro. Os freixolos gustaban a todos, especialmente ao avolo, que taba na casa arrolando o neto máis pequenín, o redrollo, que taba no bercio. Ás veces facíase o xordo e deixáballe chorar un pouco, porque como di o outro: “se chora ten o beligo atado”. Naide lle cobiciaba o traballo porque o acheite saíra mui chorón e, cuando daba en escaciñar non había maneira de apazugalo”.