MENÚ

O día 27 de novembro presentamos no Salón de actos do Concello da Fonsagrada a nova páxina web. No acto, celebrado ás 18 h con moi boa acollida de público, comentamos os pormenores da elaboración desta, tanto no que se refire á parte técnica como aos contidos.

Trala presentación levada a cabo por Xoan Xosé Molina, Presidente do Padroado, Tara Rego, responsable do deseño da páxina que non puido asistir fisicamente, comentou nun vídeo os detalles deste e deseguido, Laura Fernández explicou os contidos máis relevantes e, aínda que brevemente, o público asistente tamén participou e achegou as súas ideas respecto á conservación da memoria colectiva e a necesidade de aprender do noso pasado.

ANT. SEG.