Un mes máis e empezamos marzo, os días xa se van facendo longos e hai que empezar a arar e prepar a terra para sementar, sacar o esterco, botar as patacas, etc. Consultade a nosa sección da labranza: https://museodafonsagrada.org/coleccion/a-labranza/ A peza deste mes vai ser o arado de pau. Aantigo arado que repartía a terra por igual a ámbos lados do rego…coas consecuencias que iso tiña no terreo costo tan frecuente na Fonsagrada. Oírades falar dos carretos de terra?…Contesta no noso Instagram
E as palabras deste mes forman un dito: «En marzo déixame arrimar o brazo» A que se refería?… Mándanos outros ditos referidos a esta época a través dos formularios da pestana «Participa»
Por outra parte, respecto á peza do mes pasado, aínda que non a coñecerades, seguro que a moitos se vos veu á cabez unha lámpada…e estabades certos, porque é iso: o gamuzo ou garabulla era unha prmitiva lámpada: un pau de uz que ardía lentamente e producía luz. Moitas veces a garabulla espetábase na parede, pero no caso desta que hai no Museo, ten un pé, tamén chamado mozo (si, a palabra mozo, tamén pode ter ese sinificado de soporte).
