Orixe

Foi no ano 1983 cando un grupo de oito ou dez persoas considerou por primeira vez a posibilidade de crear un Museo Comarcal na Fonsagrada.

Contábase para iso cunha colección de pezas arqueolóxicas propiedade dun dos membros do grupo (Enrique López), así como co coñecemento da prehistoria e arqueoloxía da comarca que prestaba o departamento de Historia do Instituto de BUP e un grupo de afeizoados ao tema.

Asimesmo, xa se dispoñia dunha aproximación ao coñecemento de etnografía da comarca, obtida na montaxe de dúas mostras de oficios e atesanía tradicionais, organizadas anteriormente pola Axencia Comarcal do Servicio de Extensión Agraria.