Karmanimal-muuu
Ricardo Mojardín nace en 1956 na aldea de El Rebollal, Boal (Asturias).Ante de cumplir os dous anos a súa familia trasládase a Avilés, residindo nesta población industrial ata 1989. A partires desa data reside e traballa en Oviedo, onde exerce como profesor de gravado na Escola de Arte, dende 1987.
Ten ralizado exposicións individuais en galerías e museos de Asturias, Teruel, Bilbao, Barcelona, Marbella, Pau e Tarbes (Francia), Quito (Ecuador),e participado en colectiva en diversos lugares de Europa, Américado Sur, EEUU, Canadá e Xapón. Obtivo numerosos premios en certamenes de pintura, debuxo e gravado, formando parte as súas obras de importantes coleccións públicas e privadas de España e outros países.
A obra artística de Mojardín ven prantexando dende hai anos a paradóxica e contradictoria relación do home coa arte tratada case sempre cun trasfondo de ironía e crítica social. No ano 1992 realiza unha exposición de autorretratos na corte da vacas dos seus abós, a xeito de homenaxe á súa orixe, pero tamén como metáfora crítica aos aspectos máis comerciais e aos rituais máis valeiros do mundo da arte. Dez anos despois, no ano 2002, prepara unha nova exposición para un “público” exclusivamente bovino: «unha historia da Arte para vacas”, esta vez nunha corte perto do seu domicilio actual, no monte Naranco de Oviedo, colga reproduccións de obras de arte de tódolos tempos nas que a vaca é protagonista. Ten realizado tamén outras actividades artística para animais («Dureronamesa», 1998; «Arqueoloxía para caracois», 2002; «Híbridos”, 2002:, etc), nun intento de contrastar a sensibilidade artística do ser humano coa de outras especies.
Nas súas pinturas e gravados destes últimos anos, os animais, especialmente primates e vacas, son tamén representados en humanizadas actitudes de admiración, intriga, curiosidade ou sorpresa ante a arte nas suas diversas manifestacións.
Nas súas obras agora expostas son as vacas, unha vez máis, as entrañabeis e privilexiadas espectadoras protagonistas dun mundo onde a arte non e patrimonio exclusivo do ser humano.