Cartel da exposición Represaliados no Museo da Fonsagrada
Do 8 de novembro de 2014 ao 6 de febreiro do 2015

Represaliados

O día 8 de novembro de 2014 inaugurouse a exposición de pinturas «Represaliados» na lembranza no comenandante Moreno e os membros do batallón Galicia formado por soldados republicanos e que foron asasinados no alto do Acebo por un grupo de falanxistas, en outubro de 1937.
O autor Celso Dourado naceu en Barreiros (Lugo) en 1960. Os cadros presentan partes do corpo mutilados e torturados tratados cun forte colorismo de significado simbolista.
O acto foi completado cunha ofrenda floral na sepultura dos membros do batallón enterrados no ceminterio da Fonsagrada e cun acto no salón de plenos do Concello. Un acto no que participaron membros da asociaión pola defensa da memoria historia, o alcalde Argelio Fernández, Xiana arias coa lectura de poemas da súa actoría, o gaiteiro da Fonsagrada Brais Monxardín e os rapsodas Mini e Mero, que entre outras pezas cantaron o Romance do Comandante Moreno.

Celso Dourado  e Comba Campoy en represaliados

Celso Dourado e Comba Campoy nos actos entorno á exposición represaliados do pintor Celso Dourado. En conmemoración do Comandante Moreno, Batallón Galicia, asesinados no Porto do Acebo en 1937

Comba Campoy nos actos da exposición represaliados

Comba Campoy na presantación dos actos en torno á exposición Represaliados.

Mero interpretando o romance do Comandante Moreno na exposición Represaliados.

Mero, xunto a Mini, interpretando o romance do Comandante Moreno na presentación da exposición Represaliados.

Mini interpretando o romance do Comandante Moreno na exposición Represaliados.

Mini, xunto a Mero, interpretando o romance do Comandante Moreno na presentación da exposición Represaliados.

Xiana Arias na presentación da exposición Represaliados.

Xiana Arias, poeta da Fonsagrada, na lectura poética con motivo da presentación da exposición Represaliados.

Brais Moxardín no homenaxe ao Batallón Galicia

Brais Moxardín, gaiteiro da Fonsagrada, no acto de homenaxe ao Batallón Galicia e presentación da exposición Represaliados de Celso Dourado.

Inauguaración da exposición Represaliados no Museo da Fonsagrada

Inauguaración da exposición Represaliados no Museo da Fonsagrada. Xoán Xosé Molina. Presidente do Padroado do Museo.

Acto conmemorativo do Batallón Galicia no Concello da Fonsagrada

Acto conmemorativo do Batallón Galicia e presentación da exposición Represaliados no Salón de Plenos do Concello da Fonsagrada.

Ofrenda floral ao Batallón Galicia

Acto de ofrenda floral ao Batallón Galicia no cemiterio da Fonsagrada

Nenoso Ortiz de Galisteo na tumba do batallon galicia

Nenoso Ortiz de Galisteo, do Museo da Fonsagrada, ante a tumba do Batallón Galicia no cemiterio da Fonsagrada

Representante da Asocicación pola Defensa da Memoria Histórica

Representante da Asocicación pola Defensa da Memoria Histórica

© Museo da Fonsagrada