Piornedo é un lugar xa conocido por todos polas súas características pallozas, por tar no corazón da Serra de Ancares ie ser punto de partida ie chegada de rutas de montaña, pola tranquilidá que se respira… pero nesta mostra queremos revelar outra cara de Piornedo, máis desconocida: a da súa vida interior, das relaciois, das costumbres… da xente.
Amais dos afotos que mandaban de Arxentina os familiares emigrados, asta mediados do século pasado, o único que facía retratos na zona, era o fotógrafo de Ribón, pero namais nas vodas, daquela foi cuando veu a primeira máquina de retratar pró pueblo ie empezaron a aparecer imáxenes de xente traballando, de grupos ou de casas.
Os retratos que seleccionamos son deses primeiros que se ficeron no pueblo, cuando aínda se chamaba Piornedo de Donís, distribuímolos en cuatro bloques: os lugares, os traballos, a xente ias festas ie ficémoslles algüis comentarios, no falar propio dos donisegos.
Fotos: Fondos Palloza-Museo (Casa do Sesto)
Tallas: Antonio López Fernández
Deseño: Majo Penas
Presentación e selección: Isolina Rodríguez da Casa do Sesto de Piornedo (Cervantes)