Desde o 16 de xuño de 2017

Pinturas de Pedro Núñez

Desde o 16 de xuño de 2017 expón no Museo Pedro Núñez (A Fonsagrada, 1948), coñecido entre os seus veciños como «Pipo de Brañela».

Trátase dunha serie de pinturas adicadas a Florencio dos Vilares, o cantor violinista cego falecido nos anos 80, que durante moitos anos animou as festas e polavilas da comarca e tamén da provincia de Lugo.

Expón tamén outra serie dedicada ó mundo da matanza do porco.

Desde a Fundación do Museo, Pedro Núñez (Pipo da Brañela) forma parte dos colaboradores máis activos do Museo, participando especialmente na creación do seu fondo fotográfico a través da doazón de fotografías antigas da Fonsagrada.

Estas dúas series de pinturas constitúen unha nova cesión do autor ós fondos do Museo, que ilustrarán as correspondentes seccións de música e o mundo do porco.

Pintura con Florencio, o cego dos Vilares, realizada por Pedro Núñez.

Pintura con Florencio, o cego dos Vilares, realizada por Pedro Núñez.

Detalle de Florencio, o Cego dos Vilares. Pintura de Pedro Núñez.

Detalle de Florencio, o Cego dos Vilares. Pintura de Pedro Núñez.

Matanza. Pintura de Pedro Núñez.

© Museo da Fonsagrada