Intervención espacial no Museo da Fonsagrada.
O Sol é o centro do sistema planetario ao que pertencemos. Un símbolo representado dende o principio dos tempos. oue espertou o interese de todas as cltturas. Aínda que non exista a posibilidade da comunicación verbal, o debuxo dun Sol é unha mensaxe de cordialidade, amizade, un sorriso.
O Sol é un punto desexado, venerado, sentido como algo ao lonxe, imposible de alcanzar.Sentimos o desexo de traelo cara a nós, de posuír toda a súa forza e enerxia.
Nostalxia de Sol quere materializar este desexo universal, a posibilidade de sentir o inacanzable, achegarte ao Sol, sentir a súa luz e a súa calor. Constrúo para ti un Sol que irradia amarelo no azul das nubes.
Pensei en traer para Fonsagrada un Sol, algo que tantas veces buscamos nos escuros e frios días de inverno.
Entra no entorno do SOL, entregate á enerxía do amarelo, achégate ao punto central e déixate acariñar pola luz e a calor do SOL.
Mónica Alonso. A Fonsagrada. 1970
1994. Licenciada en Belas Artes, Universidade de Salamanca, especialidade de escultura.
1995-1999 Doutora en Belas Artes, Universidade de Vigo. Tese titulada «O espazo doméstico na escultura contemporánea».