Galicia Máxica. Gustav Henningsen. Fotografías dun mundo desaparecido

Dende o día 23 de novembro de 2018 a exposición «Galicia Máxica» recolle o traballo de campo realizado polo antropólogo danés Gustav Henningsen na comarca de Ordes (A Coruña) entre os anos 1965 e 1968. Trátase de fotografías seleccionadas dunha exposición producida e presentada polo Museo do Pobo Galego no ano 2015, centrada nos temas de adiviñación, o mal de ollo, as prácticas das meigas, as curacións dos «males que non son de médico» e as festas anuais, actividades moitas delas tamén presentes na comarca da Fonsagrada.

O material foi incialmente depositado, procesado e dixitalizado no Instituto da Lingua Galega, da Universidade de Santiago de Compostela.

Móstranse prácticas desaparecidas que desvelan unha forma de estar no mundo pero que aínda que non se practiquen hoxe serven para comprender determinadas actitudes do presente.

© Museo da Fonsagrada