Dende o 7 de xullo de 2015

Exposición Mans de ferro

Promove: Centro de Artesanía e Deseño (C.E.N.T.R.A.D.), Deputación de Lugo, Museo da Fonsagrada
Colabora: Concello de A Fonsagrada
Comisario da exposición: Xosé M. Salgado
Deseño expositivo e gráfico: Teresa Tejada e Deseño Montaxe: Sebastián Raxo
Impresión: Luzcoruña S. L.
Transporte: Deputación de Lugo, C.E.N.T.R.A.D. Fotografías: © Xosé M. Salgado, © Foto Manuel

O Museo Comarcal da Fonsagrada acolle esta mostra adicada á longa tradición no traballo do ferro que, aínda hoxe, pervive nesta zona da montaña lucense. A tradición da forxa na Terra de Burón é, de seguro, moi temperá. Sen dúbida, a pesar da escaseza de testemuñas arqueolóxicas, anterior á romanización.
Estas montañas ofreceron, desde antiguo, os elementos necesarios para o traballo do ferro: o mineral, a auga, madeira abundante…coa Edade Moderna, os mazos e novas ferrerías hidráulicas transformarán o mineral dun xeito case industrial. Das vinte ferrerías que chegou a haber na Galicia Oriental, a de Vilar da Cuiña, no concello de A Fonsagrada, foi unha das máis sobresaintes. Hoxe, ainda perviven as súas ruinas. Multiplicáronse nese tempo os mazos e multiplicáronse tamén os ferreiros. Grazas ao Catastro da Ensenada sabemos que cara o ano 1753, media centena de ferreiros traballaban en distintos lugares do concello. A feira da vila de Fonsagrada, que chegou a durar oito días a fins do século XVIII, sen dúbida facilitou o comercio dos productos do ferro.
No século XIX ese tradición e industria do ferro comezan un lento, pero inequívoco, declive. O século XX, co seu vertixinoso decorrer levara á sociedade tradicional galega a un ponto de difícil retorno. Decaerán todos os oficios asociados á terra. E os ferreiros non se verán libres de ese penoso proceso.
Aínda así, os seus coñecementos, sabia mezcla de pericia técnica e sensibilidade artística, seguen vivos nun puñado de homes que aquí, no Museo da Fonsagrada, se expoñen.
Todos son herdeiros dunha tradición de máis de vinte séculos, trasmitida de país a fillos, xeración tras xeración. Cada un deles trae aquí unha pequeña mostra do traballo de toda una vida: navallas, cóitelos, picaportes, trompas, aixadas…pero a mostra busca ser, antes de nada, unha homenaxe a todos eles e un recordatorio para unha profesión, a de ferreiro, unida indisolublemente á alma desta terra.

José Antonio Álvarez Álvarez “Romeán”, Veiga de Logares, 68 anos.

José Antonio Álvarez Álvarez “Romeán”, Veiga de Logares, 68 anos.

Outro fillo e neto de Ferreiro que aprendeu de neno o duro traballo do ferro: no seu caso amañar distintas ferramentas, preparar aixadas, ferrar cabalarías. Todo iso compaxinado co traballo na facenda e os eidos familiares. O mazo e a forxa de “Romeán” traballaba as máis das veces reparando ferramentas diversas dos veciños da contorna. Rara vez producía ferramenta nova. E como fixeran seu pai e avó tamén elaboraba carbón vexetal, un traballo no que empregaba cepa de uz, que se sometía a una combustión incompleta durante uns tres a cinco días.

Oliverio Álvarez López, A Fonsagrada, 75 anos.

Oliverio Álvarez López, A Fonsagrada, 75 anos.

Neto do ferreiro Manuel Álvarez Trabadelo. Definido por moitos coa palabra “mestre”, domina coma poucos os segredos da forxa e do ferro. O seu profundo coñecemento da profesión exprésase en diferentes traballos, desde berimbaos a complexas pechaduras (como a exposta aquí). Unha das súas inquedanzas é a transmisión (a través de cursos impartidos) do coñecemento do oficio.

Bertín Deza Fernández, A Fonsagrada, 70 anos.

Bertín Deza Fernández, A Fonsagrada, 70 anos.

Outro dos depositarios da tradición fonsagradina, moi valorada noutro tempo, e que tiña fama polo seu excepcional corte. Nado en Navia de Suarna, e con ancestros fonsagradinos e pontevedreses, conserva na súa forxa testemuñas do variado traballo que tiñan que resolver os ferreiros de antano.

Avelino Fernández González, A Fonsagrada, 48 anos.

Avelino Fernández González, A Fonsagrada, 48 anos.

Neto e bisneto de ferreiro. “Ferreiro de navallas”, con raíces familiares en Santalla de Oscos, onde había, di el, máis ferreiros que en Taramundi. Empezou a traballar de neno, nas navallas, nas cravazóns e ferraxes para carros. Ferreiro clásico que elabora navallas do “tipo Santalla”, con mangos, xeralmente, de buxo ou de uz. A súas navallas presentan fermosos mangos de acivro, óso, pauvioleta, buxo,etc. Ademais, por encarga, fainas con mango con incrustación de prata ou ouro.

José Linares Busto “Ballestas”, Xegunde, 81 anos.

José Linares Busto “Ballestas”, Xegunde, 81 anos.

Aos catorce anos José tomou o relevo do seu avó Manuel Linares: ferrar carros, arreglar gadaños ou aixadas, reparar calquer ferramenta danada…todo a mán, nun mazo na vila de Fonsagrada. Así ata os 32 anos en que, primeiro en A Coruña, máis tarde na cidade de Lugo, comeza a aplicar o seu saber de ferreiro ás suspensións dos vehículos automóviles. De ahí lle ven o alcume. Aínda hoxe, xa retirado, disfruta facendo pequenos traballos na forxa, por simple pracer, na sua residencia en Lamas de Moreira.

José Luis López Fernández “Candelos”, A Fonsagrada, 56 anos.

José Luis López Fernández “Candelos”, A Fonsagrada, 56 anos.

Este fonsagradino, sobriño do célebre Vicente da Porteliña e alumno de Oliverio Alvarez, tiña por forza que ficar practicando, xa na idade madura, a arte da forxa, e con notable pericia. Amateur, no verdadeiro sentido da verba (literalmente “amante” en lingua francesa), acomete os máis diversos traballos con estusiasmo e solvencia.

Avelino Navia Osorio, A Fonsagrada, 84 anos.

Avelino Navia Osorio, A Fonsagrada, 84 anos.

Avelino naceu na parroquia de San Andrés de Lodos. Este fillo de Ferreiro púxose ao frente a forxa familiar ao morrer o pai prematuramente cando él tiña 17 anos. Desenvolveu dende entón a súa profesión ferrando cabalos, forxando arados, brosas e toda clase de ferramentas para os labradores. Ao casar mudouse ao veciño concello de Santalla de Oscos, onde reside na actualidade.

Celso Núñez Ferreiro, A Fonsagrada, 53 anos.

Celso Núñez Ferreiro, A Fonsagrada, 53 anos.

Discípulo recoñecido de Oliverio Álvarez e herdeiro da tradición fonsagradina (encarnada, sobre todo, na figura de Vicente da Porteliña) Celso desenvolve o seu traballo de navallas e coitelos cun depurado deseño, cheo de personalidade. Mesmo deseñou unha navalla con seguro xunto ao ferreiro asturiano “Toquero”.

Justa Señor Rancaño, A Fonsagrada, 89 anos.

Justa Señor Rancaño, A Fonsagrada, 89 anos.

Filla de ferreiro, nada en Carballido, axudou ao seu pai na forxa desde os 16 anos ata o seu casamento. Ainda tendo catro irmáns varóns, foi grazas á sua habilidade e empuxe como puido facerse valer nun tempo en que una muller ferreira non era ben aceptada socialmente. Fixo todo tipo de pezas, pero lembra especialmente as aixadas, moi demandadas cada mes de abril, antesala das cavadas nos montes.

Otilio Álvarez, 1921-2006.

Otilio Álvarez, 1921-2006.

Otilio Álvarez naceu una casa do Ferreiro de Queixoiro, alá polo ano 21. Foi fillo e irmán de ferreiros e tío doutro ilustre ferreiro fonsagradino, Oliverio Álvarez. Iniciouse cedo no traballo de ferreiro, pero un suceso casi lendario, engadiría un máxico instrumento musical, a trompa de boca ou birimbao, aos moitos outros obxetos que saían da fragua familiar.
Contan na súa casa que fai moitos anos foi encontrado un birimbao oxidado e perdido. O protagonista do episodio non está moi claro: algún falan do seu pai Manuel, outros do propio Otilio. O lugar é tamén incerto: según uns o achado tivo lugar nunha finca na Serra do Invernal, según outros, a trompa apareceu nunha lacena da casa paterna. Sen saber moi ben que era tal artiluxio, na casa foron quen de descubrir a súa primitiva musicalidade e, ao cabo de pouco tempo, a maneira de fabricalo na forxa: o arco, de ferro e a palleta aprovietando as ballenas dos paraugas vellos.
Co tempo, Otilio converteuse no principal transmisor, nas terras de Burón, da tradición de este antiquísimo instrumento, (coñecido por mil nomes: birimbao, arpa de boca, arpa dos xudeus…) aínda hoxe presente en moitas culturas tradicionais de todo o mundo.
Co séu pasamento no ano 2006, os segredos da elaboración da trompa recaeron, simbólicamente, no seu sobriño Oliverio, que segue a manter viva a complexa técnica coa que o ferro serve para obter música.

Vicente Fernández Fernández, “Vicente da Porteliña”, 1926-2015

Vicente Fernández Fernández, “Vicente da Porteliña”, 1926-2015

Nacido en outubro de 1926 na parroquia de Cereixido, fillo de ebanista. Con 17 anos iniciouse no oficio da forxa con Leonardo, ferreiro da localidade de A Porteliña. Anos despois, fixose él cargo do mazo, traballando nese tempo na elaboración de todo tipo de ferramentas e apeiros de labranza. Algúns dos seus cliente eran “acotados” e pagaban as encargas, en moitos casos, en especie… Co tempo, tamén, Vicente comenzou a centrarse na producción de navallas e os seus carácteristicos cóitelos, de elegante deseño e feitos seguindo a técnica “do calzado”.
Este método consiste en quentar e unir unha folla de ferro carbono con outra de aceiro. A ferramenta resultante ten así una maior flexibilidade, xunto cunha gran dureza no fío.
Nos anos setenta emigrou a Suiza, donde estivo cinco anos traballando. Será á volta cando merque o mazo da Porteliña. Vicente mantivo
co seu traballo o mazo en bon estado de uso desde entón, ata que a saúde llo impediu fai uns poucos anos. Esa tarefa continúana actualmente con agarimo os seus familiares.
Vicente morreu en xaneiro de 2015, xusto cando remataba en Lugo a primeira exhibición da mostra “Mans de Ferro”.

© Museo da Fonsagrada