Marzo e maio do 2013

A vaca e nós. Exposición fotográfica

A vaca míranos con curiosidade, sen reproche, aínda sabendo como sabe a deslealdade que imos cometer con ela ou coa súa cría, pero sufrindo tamén por nós, pola nosa indignidade.

Na sía mirada amósase incluso a comprensión de que a infeliz especia humana á que serve non deixa de ser algo incompleto, dependente, necesitada do exercicio da crueldade para con outras especies, para obter así o seu sustento.
Pero o ser humano tamén mira ao animal con curiosidade, sabedor do destino da vaca a beneficio da súa superior posición, como humano, no escalafón das especies, pero non deixando aprezar a cruel paradoxa que supón a explotación dun ser que a traveso dos tempos veu formar parte incluso da súa propia familia. Á forza de convivencia, acabaron as duas especies por sentirse moi próximas, E así, o humano, especialmente se é de nazón galega, acabou por falar coa vaca, razoando con ela, traballando con ela, co arado, co carro, aprezándose con ela, fotografándose con ela e a familia, poñéndoa guapa para o concurso de gando e ata o gando se decata de que existe un animal na casa con quen entenderse e no que abrigarse do frío.

É todo esto unha visión transitada da realidade?. Dado que estas fotografías se presentan en exposición nun museo haberá quen pense que se trata unha vez máis de imaxes «obxeto de museo». Estamos seguros de eso?. Coa desaparición paulatina desa relación descrita entre seres antano tan vitalmente próximos, non nos estaremos perdendo unha experienza que nos axude a ser verdadeiramente humanos?.

A convicción de que podemos chegar a unha perda de humanidade ante esa deriva cara a insensibilidade móstrase cruamente ante a escena do sacrificio masivo que ocurre a cotío nos matadoiros industraiais, por non mencionar aquel episodio de tolemia desatada que supuxo o cego exterminio decretado no asunto das vacas tolas.

Os fotógrafos que colleron estas imáxes coa sensibilidade que exerceron ao captalas, desmostrannos que apesares dos nosos antecedentes como humanos, aínda hia xente que pode soster dignamente a mirada dunha vaca.

Vaca debaixo dun árbol. Nome do fotógrafo

Vaca debaixo dun árbol. Nome do fotógrafo

Vaca debaixo dun árbol. Nome do fotógrafo

Vaca debaixo dun árbol. Nome do fotógrafo

© Museo da Fonsagrada