Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro

Imauguración 20 de agosto ás 20:00 horas
Museo Comarcal da Fonsagrada

Unha exposición sobre a personalidade de Manuel Rodríguez López (1934-1990), poeta, prosista, cronista da emigración galega en Cataluña, promotor cultural entorno os galegos en Cataluña.
Natural de Paradela (Lugo) residiu en Barcelona desde os 6 anos con motivo da emigración dos seus pais. A súa personalidade representa a afinidade dos desprazados fóra de Galicia coa súa terra, a súa identificación co país. Tal identificación chegou en Manuel a integrarse na natureza da súa persoa. A súa singular sensibilidade polo país recóllese agora nesta exposición que patrocina o Concello de Paradela, institución que dende o ano 1995 patrocina tamén a celebración dun premio literario na memoria do escritor.
A exposición permanecerá aberta durante dous meses como mínimo.

Museo da Fonsagrada | Concello da Fonsagrada | Concello de Paradela | Deputación de Lugo | Xunta de Galicia | Real Academia Galega | C.R.D.O. Ribeira Sacra | GaliciaDigital

© Museo da Fonsagrada