Inauguración da exposición Mans de Ferro

agosto 5, 2015 6:55 pm Published by

Inauguración da exposición Mans de Ferro
Data: Venres 7 de agosto do 2015. 19:00H
Lugar: Sala de exposiciA?ns do Museo Comarcal da Fonsagrada.

Promove: Centro de Artesanía e Deseño (C.E.N.T.R.A.D.), Deputación de Lugo, Museo da Fonsagrada
Colabora: Concello de A Fonsagrada
Comisario da exposición: Xosé M. Salgado
Deseño expositivo e gráfico: Teresa Tejada e Deseño Montaxe: Sebastián Raxo
Impresión: Luzcoruña S. L.
Transporte: Deputación de Lugo, C.E.N.T.R.A.D. Fotografías: Xosé M. Salgado, Foto Manuel

O Museo Comarcal da Fonsagrada acolle esta mostra adicada á longa tradición no traballo do ferro que, aínda hoxe, pervive nesta zona da montaña lucense. A tradición da forxa na Terra de Burón é, de seguro, moi temperá. Sen dúbida, a pesar da escaseza de testemuñas arqueolóxicas, anterior á romanización.
Estas montañas ofreceron, desde antiguo, os elementos necesarios para o traballo do ferro: o mineral, a auga, madeira abundantea��coa Edade Moderna, os mazos e novas ferrerías hidráulicas transformarán o mineral dun xeito case industrial. Das vinte ferrerías que chegou a haber na Galicia Oriental, a de Vilar da Cuiña, no concello de A Fonsagrada, foi unha das máis sobresaintes. Hoxe, ainda perviven as súas ruinas. Multiplicáronse nese tempo os mazos e multiplicáronse tamén os ferreiros. Grazas ao Catastro da Ensenada sabemos que cara o ano 1753, media centena de ferreiros traballaban en distintos lugares do concello. A feira da vila de Fonsagrada, que chegou a durar oito días a fins do século XVIII, sen dúbida facilitou o comercio dos productos do ferro.
No século XIX ese tradición e industria do ferro comezan un lento, pero inequívoco, declive. O século XX, co seu vertixinoso decorrer levara á sociedade tradicional galega a un ponto de difícil retorno. Decaerán todos os oficios asociados á terra. E os ferreiros non se verán libres de ese penoso proceso.
Aínda así, os seus coñecementos, sabia mezcla de pericia técnica e sensibilidade artística, seguen vivos nun puñado de homes que aquí, no Museo da Fonsagrada, se expoñen.
Todos son herdeiros dunha tradición de máis de vinte séculos, trasmitida de país a fillos, xeración tras xeración. Cada un deles trae aquí unha pequeña mostra do traballo de toda una vida: navallas, cóitelos, picaportes, trompas, aixadasa��pero a mostra busca ser, antes de nada, unha homenaxe a todos eles e un recordatorio para unha profesión, a de ferreiro, unida indisolublemente á alma desta terra.

MA?is informaciA?n e fotos

Categorised in:

This post was written by administrador

Comments are closed here.